12/06/14

Pequechefs

Pequechefs con 5º from bemilladoiro on Vimeo.

Hoxe fomos convidados polo GAC (Grupo de Acción Costeira) da Costa da Morte a unha actividade chulísima que se chama Pequechefs. O asunto consistía nun achegamento á posta en valor do peixe: capturas, comercialización e consumo. A actividade remata cun taller de cociña. Un placer! Aquí tendes as fotografías para poder descargalas

08/06/14

Comer e contar II

Esta é a edición de verán que contén s nosas recomendacións de lecturas para estes dous meses vindeiros. Libros que teñen como tema fundamental a comida, os contos e o achegamento a outras culturs. Habería tantos... Pero escollimos estes que nos parecen selectos, exquisitos e deliciosos. Deixaremos exemplares na librería de Malpica.

Comer e contar I

Deixamos tamén nesta bitácora a "edición inverno" :-) que vos achegamos no Nadal. Entre ambalsdúas recollen unha excelente selección de lecturs que teñen como centro de interés a comida, os contos e outras culturas.

03/06/14

Inglaterra para xogar

Preme sobre a imaxe e poderás xogar e aprender algunhas cousiñas sobre INGLATERRA.

02/06/14

2º A: Panamá

Despois de investigar e aprender sobre Inglaterra, aprendemos cousas sobre Panamá. No seguinte póster pódese ver un resumo.
Póster de Panamá

Inglaterra 2º A



Póster de Inglaterra
Este ano, para o proxecto do cole, había que escoller dous países para cada clase. Na clase de 2º A, traballamos sobre Inglaterra e Panamá. Empezamos por Inglaterra e mesmo fomos disfrazad@s de cabinas de teléfono inglesas.
No seguinte póster pódese ver un resumo do que fixemos.

08/05/14

6º: Grecia

Grecia from bemilladoiro on Vimeo.

Este foi o reusltado do traballo dos nenos e nenas de 6º que viaxaron a Grecia.