24/06/15

Libro final

Velaí o final do noso proxecto que, por primeira vez, foi bianual. Estamos satisfeitos do camiño percorrido polo que aprendemos, pero tamén deste libro que, en formato físico, coas follas orixinais e unha vez encadernado, quedará para sempre na nosa biblio. Foi un placer!

05/06/15

Romanía

Romania from bemilladoiro on Vimeo.

Velaí o resltado da investigación sobre Romanía.

Senegal

senegal from bemilladoiro on Vimeo.

Resultado final das investigacións que nenos e nenas de 6º levaron a cabo sobre o Senegal.

02/06/15

Sahara

1-sahara from bemilladoiro on Vimeo.

Os nenos e nenas de 5º leron Palabras de Caramelo e investigaron sobre este país que nos resulta tan cercano.

10/04/15

Alimentos que viñeron de América

Alimentos que vinieron de America from bemilladoiro on Vimeo.

Este foi o traballo que fixo Alba dentro do Proxecto Colón. Ata ahora non tiveramos tempo de editalo, foi por ese motivo a tardanza en publicalo. Encantounos!

29/03/15

Novas do Senegal

Vimis de recibir resposta ao corr@o que os nenos e nenas de 6º enviaron a comezos do mes de marzo á Embaixada do Senegal en España. A resposta ven da Sra. Secretaria da Embaixada: Sra. Dª Anne Marie Coulanges
Velaí a resposta.
Amablemente, a Sra. Secretaria da embaixada proporciónanos tres fontes de información:
1.- Thiebouyieun é o prato nacional do Senegal e podemos atopar a receita exacta AQUÍ
2.- Un blog moi completo sobre a cultura senegalesa: https://wolofmujeressenegal.wordpress.com/
3.- Conto tradicionalO baobab, o coello e a hiena

Agradecemos á Embaixada do Senegal a súa resposta. Mías aínda cando, segundo sabedes, é a ÜNICA embaixada que nos respondeu.

22/03/15

Cocina a conCiencia

Mirade que marabilla!
 Con frecuencia digo que a cociña é o laboratorio que está á man de calquera. E este libro ven a confirmalo.

Presenta nove receitas de cociña e explica, con argumentos científicos algunhs das transformacións que se producen na elaboración. Un libro do ano 2014 escrito por Mª Asunción Fuente, unha profesora da Autónoma de Madrid, astrofísica que dedica parte do seu tempo a actividades científicas divulgativas-

20/03/15

Escarlatina: empanada de mexillóns e piuletas de chocolate


Visitounos o pasado mércores a escritora Ledicia Costas para encontrarse cos nenos e nenas do 31 ciclo. Marabillosa. Profesional. Cercana. Natural. Simpática... A lectura do libro xa fora un exitazo polo moito que lles gustou e o encontro non defraudou. Para demostrar, se fora preciso, que nenos e nenas len. Claro que len. Sempre que se lles acheguen textos de calidade. As imaxes AQUÍ

11/03/15

Galicia: Rosalía de Castro (1º)

Os/as pícaros/as de 1º traballamos, con moito esforzo, a biografía de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste.
ROSALIA DE CASTRO from bemilladoiro on Vimeo.

06/03/15

Imperio Romno: Exeria (6º)

Etiopia: Wangari Maathai (2º)


Senegal

/-nwr6XI4DcJg/VPm9SF9tUaI/AAAAAAAABsw/BQ0qxVSMtsc/s1600/senegal.2JPG.bmp" height="320" width="231" />


Entre Senegal y Casamance

hay una guerra constante.

¡Que alguien vaya a ayudar!

Despues de treinta años ¡esta guerra debe acabar!



Si en Senegal continúa esta

 matanza se va a perder

toda la esperanza.

No queremos ver morir gente

cada día por eso escribimos

esta poesía.

Senegal



Entre Senegal y Casamance

hay una guerra constante.

¡Que alguien vaya a ayudar!

Despues de treinta años ¡esta guerra debe acabar!



Si en Senegal continúa esta

 matanza se va a perder

toda la esperanza.

No queremos ver morir gente

cada día por eso escribimos

esta poesía.

01/03/15

Sahara: Aminatou Haidar (5º)

Seguimos investigando sobre o Sáhara Occidental e para conmemorar o Día da Muller, preparamos esta presentación sobre Aminatou Haidar, Presidenta do Colectivo Saharaui de Dereitos Humanos (CODESA) que presentaremos este xoves 6 de marzo na biblioteca do noso colexio.

17/02/15

Palabras de Caramelo. 5º

Entroido 2015: Sahara (5º) from bemilladoiro on Vimeo.

Palabras de Caramelo (Gonzalo Moure, Ed. Xerais) os escolares de 5º recrearon a vida no Sahara. O tío de Clara deu vida a Caramelo polo que lle damos as grazas.

6º: Romania

Entroido 2015: Romania (6º) from bemilladoiro on Vimeo.

Despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta (Ledicia Costas, Xerais, 2015) os escolares de 6º achegáronse a Transilvania, Drácula e Romanía. E esta foi a súa recreación.

15/02/15

Entroido multicultural

Entroido 2015 from bemilladoiro on Vimeo.

Velaí algunhas imaxes do que foi a celebración do entroido o pasado venres. Como sabedes, os disraces forman parte do noso PDI anual que este ano, ao igual que o curso pasado, vira arredor dos países e culturas do mundo. Así, atopámonos con indús, keniatas, rumanos, saharauis, irlandeses, caribeños, exipcios... e un longo etcétera- O importante é que nenos e nenas achéganse a esas culturas lonxanas en moitos casos a través das lecturas propostas no Plan Lector anual do colexio, aprenden moito de relativismo cultural e achéganse desde o coñecemento a lugares remotos. Porque o mundo é moi, moi grande, variopinto e complexo. Velaí algunhas imaxes do que conseguimos plasmar plásticamente. Unha novidade deste curso foi a visita dos compañeiros e exalmnos/as do IES Urbano Lugrís, un achegamento longamente agardado que se fixo posible este curso e que festexamos con algo que é unha PRIMICIA: unha foto final da celebración. Foi unha mágoa non contar cun fermoso día de sol pero... non estaba na nosa man. Aínda así, preparamos un lugar para que as familias poideran acudir ao desfile e despois, coma decote, poideron acompañarnos na celebración lúdico-gastronómica que eles mesmo fan posible pois son quenes aportan os doces.

30/01/15

Romanía: Drácula

Como un dos países que traballamos é Romanía, ímonos disfrazar de Drácula.
. Investigamos sobre o personaxe histórico e o literario e descubrimos unha che ade cousas que non sabiamos. Velaí:


Aquí vos deixamos o noso traballo.



29/01/15

Romanía

Agora pecha os ollos
e imaxina a Romanía.
Que é o que escoitas?
Unha guerra prohibida.

Os ucrainos estalaron
e a guerra comezaron.
Quen podrá detela?
Mira pola xanela
e ponte a imaxinar
que estás nunha terra en paz.

Soña cunha terra nova
chea de craridade,
non cunha guerra
chea de escuridade
e desigualdade .

Pronto pasará
e os paxariños
de novo voarán.
Os nenos rirán un montón,
e todo será diversión!

Este ano estamos traballando sobre Romanía. Fixemos este poema entre algúns dos alumnos de 6º polo día da paz.
 En Romanía hai una guerra entre eles e os ucrainos que mencionamos nesta poesía.