20/03/15

Escarlatina: empanada de mexillóns e piuletas de chocolate


Visitounos o pasado mércores a escritora Ledicia Costas para encontrarse cos nenos e nenas do 31 ciclo. Marabillosa. Profesional. Cercana. Natural. Simpática... A lectura do libro xa fora un exitazo polo moito que lles gustou e o encontro non defraudou. Para demostrar, se fora preciso, que nenos e nenas len. Claro que len. Sempre que se lles acheguen textos de calidade. As imaxes AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario