24/06/15

Libro final

Velaí o final do noso proxecto que, por primeira vez, foi bianual. Estamos satisfeitos do camiño percorrido polo que aprendemos, pero tamén deste libro que, en formato físico, coas follas orixinais e unha vez encadernado, quedará para sempre na nosa biblio. Foi un placer!

05/06/15

Romanía

Romania from bemilladoiro on Vimeo.

Velaí o resltado da investigación sobre Romanía.

Senegal

senegal from bemilladoiro on Vimeo.

Resultado final das investigacións que nenos e nenas de 6º levaron a cabo sobre o Senegal.

02/06/15

Sahara

1-sahara from bemilladoiro on Vimeo.

Os nenos e nenas de 5º leron Palabras de Caramelo e investigaron sobre este país que nos resulta tan cercano.

10/04/15

Alimentos que viñeron de América

Alimentos que vinieron de America from bemilladoiro on Vimeo.

Este foi o traballo que fixo Alba dentro do Proxecto Colón. Ata ahora non tiveramos tempo de editalo, foi por ese motivo a tardanza en publicalo. Encantounos!

29/03/15

Novas do Senegal

Vimis de recibir resposta ao corr@o que os nenos e nenas de 6º enviaron a comezos do mes de marzo á Embaixada do Senegal en España. A resposta ven da Sra. Secretaria da Embaixada: Sra. Dª Anne Marie Coulanges
Velaí a resposta.
Amablemente, a Sra. Secretaria da embaixada proporciónanos tres fontes de información:
1.- Thiebouyieun é o prato nacional do Senegal e podemos atopar a receita exacta AQUÍ
2.- Un blog moi completo sobre a cultura senegalesa: https://wolofmujeressenegal.wordpress.com/
3.- Conto tradicionalO baobab, o coello e a hiena

Agradecemos á Embaixada do Senegal a súa resposta. Mías aínda cando, segundo sabedes, é a ÜNICA embaixada que nos respondeu.

22/03/15

Cocina a conCiencia

Mirade que marabilla!
 Con frecuencia digo que a cociña é o laboratorio que está á man de calquera. E este libro ven a confirmalo.

Presenta nove receitas de cociña e explica, con argumentos científicos algunhs das transformacións que se producen na elaboración. Un libro do ano 2014 escrito por Mª Asunción Fuente, unha profesora da Autónoma de Madrid, astrofísica que dedica parte do seu tempo a actividades científicas divulgativas-