15/12/14

Senegal: alimentación



Os nenos e nenas do Senegal, aos 7 anos comezan a traballar para comprar a sua comida.
O 10% dos nenos do Senegal morren antes de cumprir os 5 anos por desnutricion.

Rubén Mato Imaxe: http://blog.jmdoria.com/agua-y-mindfulness-para-1000-ninos-en-senegal/

12/12/14

Educación no Senegal




                                                      
En Senegal o 40% dos nenos  non están escolarizados.
1 de cada 5 nenas van a escola.

O 39,3%  sabe leer e escribir, e só o 29,2% das nenas.

Hai unha porcentaxe de 27,1% de 6 a 12 anos que non van a escola.
Tamén hai menores de 14 anos que xa están escolarizados.

Collemos esta información de:http://pixabay.com/es/senegal-bandera-nacional-pa%C3%ADs-26914/

11/12/14

Sanidade no Senegal

As condicións sanitarias son moi deficientes, en comparación con España. A antiguidade das instalacións e a falta de recursos fan que a sanidade en Senegal esté moi pouco desenvolvida.

Hai moita malaria (unha enfermidade mortífera).Sobre todo contaxiase na estación de choivas (xullo/outubro).

Tamén só hai un médico para cada 10.000 habitantes.

A imaxe sacámola de aquí: http://tinyurl.com/m4398yn
                                                       
                                                                                  Yaiza e Carla Varela 6º 2014/15  Carla Varela

10/12/14

Sanidade no Senegal




A mortalidade infantil de Senegal é de 55´6 mortes de cada 1.000 nacementos.
Encambio aqui en España é 3´37 mortes por cada 1.000 nacementos.
O 10% dos nenos morren antes dos 5 anos.
unha das enfermidades máis mortiferas noSenegal é a Malaria.
Só hai un medico por cada 10.000 persoas.

 Collemos a imaxe de aquí: http://yakaarafrica.com/viaje-solo-de-trabajo/

Yaissa e Natalia

Natalia Bardanca

16/11/14

Escarlatina: magdalenas


Estas magdalenas fixenas eu .
A receita saqueina do libro "Escarlatina: a cociñeira difunta" de Ledicia Costas, que estamos a ler en clase.
Están riquisimas!!!
Asi que xa sabedes:
 a cociñaaaar!
Foto: Pedro Mosqueira
Pedro Mosqueira

6º Escarlatina: a cociñeira difunta

http://tinyurl.com/m6qqv29 
Este é o libro co que nós, os nenos e nenas de 6º comezamos as lecturas en grupo. Estas son as primeiras impresións (polo xeral):

              - Divertido: Pola anécdota de que él mete o gato na lavadora. Despois, conta que a nai sempre aparece no momento indicado coma se fose unha fada coa súa bola de cristal.)
              - Emocionante
              É curioso: Porque ten unha receita de cociña ao comezo de cada capítulo. Ademáis as ilustracións teñen moita forza.
               
               É un libro do máis bonito!!!!!!!!

12/11/14

Escarlatina: Piruletas de chocolate


En 6º comezamos a lectura colectiva do que será o noso primeiro libro deste curso: Escarlatina, a cociñeira difunta que imos aproveitar para facer unha viaxe a Romanía. 
Hoxe Yaiza sorprendeunos con esta marabilla: piruletas de chocolate coa receita que aparece no libro! Estaban deleciosas. Así que... Grazas, Yaissa!!!

12/06/14

Podcast Nixeria e Iraq

Podcast dos nenos e nenas de 5º narrando "en modo telexornal" os informes que escribiron sobre os países estudados.

Pequechefs

Pequechefs con 5º from bemilladoiro on Vimeo.

Hoxe fomos convidados polo GAC (Grupo de Acción Costeira) da Costa da Morte a unha actividade chulísima que se chama Pequechefs. O asunto consistía nun achegamento á posta en valor do peixe: capturas, comercialización e consumo. A actividade remata cun taller de cociña. Un placer! Aquí tendes as fotografías para poder descargalas

08/06/14

Comer e contar II

Esta é a edición de verán que contén s nosas recomendacións de lecturas para estes dous meses vindeiros. Libros que teñen como tema fundamental a comida, os contos e o achegamento a outras culturs. Habería tantos... Pero escollimos estes que nos parecen selectos, exquisitos e deliciosos. Deixaremos exemplares na librería de Malpica.

Comer e contar I

Deixamos tamén nesta bitácora a "edición inverno" :-) que vos achegamos no Nadal. Entre ambalsdúas recollen unha excelente selección de lecturs que teñen como centro de interés a comida, os contos e outras culturas.

03/06/14

Inglaterra para xogar

Preme sobre a imaxe e poderás xogar e aprender algunhas cousiñas sobre INGLATERRA.

02/06/14

2º A: Panamá

Despois de investigar e aprender sobre Inglaterra, aprendemos cousas sobre Panamá. No seguinte póster pódese ver un resumo.
Póster de Panamá

Inglaterra 2º A



Póster de Inglaterra
Este ano, para o proxecto do cole, había que escoller dous países para cada clase. Na clase de 2º A, traballamos sobre Inglaterra e Panamá. Empezamos por Inglaterra e mesmo fomos disfrazad@s de cabinas de teléfono inglesas.
No seguinte póster pódese ver un resumo do que fixemos.

08/05/14

6º: Grecia

Grecia from bemilladoiro on Vimeo.

Este foi o reusltado do traballo dos nenos e nenas de 6º que viaxaron a Grecia.

11/04/14

5º Iraq

Iraq from bemilladoiro on Vimeo.

5º Nixeria

Nixeria from bemilladoiro on Vimeo.

Este é o resultado da investigación que fixemos sobre Nixeria. Puxémola toda nun mural do corredor do segundo andar. E agora poñémola aquí. Buscamos a información, resumímola, fixemos os carteis, o profesor José colocounos o mural, fixémols fotos e agora ... AUÍ ESTÁ O VIDEO.

26/03/14

Cociña tradicional: China

China é un inmenso país que ten, polo tanto, comidas moi variadas e diferentes entre sí. En Europa, a que máis coñecemos é a cociña cantonesa. Este arroz é un dos pratos máis coñecidos e populares.

Cociña tradicional: Iraq

Ademáis do video, deixovos tamén algunhas receitas da cociña tradicional iraquí.

Cociña grega

E tamén unha páxina de receitas tradicionais gregas.

Cociña tradicional mexicana

Forma parte da lista de manifestacións que a UNESCO ten recoñecidas coma Patrimonio Cultural inmaterial da Humanidade.

Cociñando contos

O Salón do Libro de Pontevedra, que xa vai pola súa XV edición, ten este ano como tema central a cociña e os contos.
Este é o cartel e deixovos un enlace ao programa de actos.
Xa sei que Pontevedra non está aquí ao lado... pero tampouco está tan lonxe como para que non poidamos prnatexarnos unha excursión en familia un sábado ou un domingo.
Que vos parece?

10/01/14

Mulleres, vestido e Islam

Agora que andamos a aprender algo sobre diferentes apíses, achégovos este estracto dun estudo da Universidade de Michigan que mostra como adoitan vestir as mulleres nalgúns países do mundo musulmán.
Pode parecervos extraño pero, o certo é que... así é. 
Os datos hai que lelos en prcentaxes, é dicir: "1 de cada 100", "4 de cada 100"
Sorprenden especialmente os datos de Arabia Saudi, un dos países con maior renta por habitante do mundo.
Para que poidades comparar tamén ese dato, deixovos un enlace a un mapa interactivo que o ten.
Sen comentarios.