Botamos a andar este blog para recoller nel tódolos traballos que, en torno ao noso PDI deste curso, vaiamos producindo. Desde hoxe ata o mes de Xuño. Si. Ese que agora se ve tan, tan lonxe.
Como sabedes, o tema proposto é Comer e contar polo mundo, e con el pretendemos achegarnos respectuosamente a outras culturas a través dos elementos que, segundo tódalas análises, millor retratan aos pobos: a comida e os contos.
E se é o noso obxecivo: coñecer máis e cerca a cultura dos paises que se seleccionaron en cada aula e averiguar sobre eles todo canto queirades, poidades e sexades capaces porque... xa sabemos que... unhas cousas levan a outras... Non hai límite.
A fin de curso faremos entre todo e todas un libro no que recolleremos unha narración tradicional dese país, unha comida que tamén o sexa e, tal vez, algunha outra información que queirades incorporar (sempre en poucas palabras)
O PDI está enlazado na columna da dereita e aí seguirá todo o curso.
Tamén volo deixo AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario